Friday 19 de April de 2024

Fene abrirá en outubro o prazo de inscrición para as escolas culturais de música


A Concellería de Cultura vén de publicar a normativa xeral de matriculación para as escolas culturais municipais de piano-solfexo e guitarra, dirixidas a nenos/as a partir de cinco anos e poboación en xeral.

Atendendo aos protocolos Covid, as persoas que desexen anotarse en calquera das dúas actividades,
deberán solicitar cita previa do 1 ao 4 de outubro nos teléfonos 981 492 804 ou 607 626 812, de 8:30
e as 14:00. Unha vez solicitada a cita, presentaranse nas dependencias administrativas do Pavillón
“A Xunqueira” de San Valentín no día e hora sinalados, tendo en conta que os días 5 e 6 de outubro
realizaranse as inscricións para os residentes en Fene e o día 7 para a totalidade da poboación. Este
novo curso das escolas culturais de música do Concello de Fene prolongarase dende o luns 18 de
outubro de 2021 ao 31 de maio de 2022. A incorporación farase no primeiro día fixado para cada
actividade.

Na escola de piano-solfexo, as aulas de solfexo organizaranse en función do nivel/idade. Os horarios
de práctica instrumental (piano) para cada alumno/a escolleranse no momento de efectuar a matriculación. A escolla farase por rigorosa orde de inscrición e segundo as franxas horarias establecidos
no cadro de horarios publicado na normativa xeral de matriculación (un alumno/a por franxa horaria
en sesións de unha hora de práctica instrumental á semana). Pola súa parte, na escola de guitarra
estableceranse 2 niveles (iniciación, cun único grupo, e perfeccionamento con dous). En calquera dos
dous niveis, os/as participantes disporán de súas sesións de unha hora de duración á semana.
As Escolas que entren en funcionamento no curso 2021/2022, en base á matriculación rexistrada,
faranse públicas no taboleiro do pavillón polideportivo da Xunqueira e na páxina web:
http://www.fene.gal o día 13 de outubro.

En canto ao custe das actividades, dende a Concellería de Cultura de Fene infórmase que o alumnado
de piano-solfexo terá que aboar tres cotas/curso de 16,80 € (menores), 38,60 € (adultos) ou 30,90 €
(maiores de 65 anos). Na de guitarra (todos os niveis) estableceranse igualmente tres cotas/curso de
16,80 € (menores) ou 38,60 € (adultos).

Para máis información sobre as escolas culturais municipais, cómpre chamar aos teléfonos das
dependencias administrativas: 981 340 366 (Cultura) – 981.49.28.04 (Pavillón de San Valentín).
Tamén pode descargarse dende a páxina web www.fene.gal información máis detallada sobre as
características dos cursos e escolas, así como sobre o uso de determinadas instalacións.